La Voz de Galicia

Potenciar a capacidade de investigación

La Voz de la Escuela

Jesús Garrido
A investigadora Margarita Salas nun dos laboratorios do Centro de Biología Molecular (CBM) Severo Ochoa, da UAMA investigadora Margarita Salas nun dos laboratorios do Centro de Biología Molecular (CBM) Severo Ochoa, da UAM

O exemplo da investigadora española Margarita Salas, a quen dedicamos un merecido recordo na sección A noticia do día na web www.prensaescuela.es (8/11/2019), non pode quedar atado a unha data, senón que merece unha atención especial nas páxinas deste suplemento. A súa figura e o seu traballo deben permanecer entre os educadores como estímulo continuo.

20 Nov 2019. Actualizado a las 05:00 h.

 

Basta recordar o que o xornalista R. Romar nos dicía dela nesa data: «Impulsora de varias xeracións de científicos, introdutora da bioloxía molecular no país e creadora da patente máis rendible da I+D+i en España, é a investigadora máis influente na historia de España.

»Mestra de varias xeracións de científicos e impulsora de novas vocacións, especialmente entre moitas mulleres, que viron nela un exemplo. Así o acaba de recoñecer a presidenta do CSIC, a tamén asturiana Rosa Menéndez: “Un aspecto fundamental de Margarita -dixo- foi o de xerar vocacións científicas, o de estar en contacto cos mozos, cos nenos. O seu labor é, desde logo, inconmensurable en todos os aspectos”».

 

1. COMO SON E QUE FAN OS ALUMNOS INVESTIGADORES

 

Caracterízanse pola súa capacidade analítica, teñen unha percepción abstracta da realidade: non se fixan tanto na realidade concreta do que teñen diante como, máis ben, na idea abstracta que esa realidade suscita.

 

 

2. PREGUNTAS DIVERXENTES, CONVERXENTES, METACOGNITIVAS… DOS ALUMNOS

 

O profesor adestrador debe ir explicando de cando en vez as normas básicas de actuación nun grupo que formula preguntas, para que os alumnos adquiran paso a paso, segundo a súa idade, algunhas destas capacidades.

Creatividade. Non se nace creativo, faise un creativo cando ten curiosidade polas cousas, se decata de para que valen, en que fallan e busca solucións.

Xerar ideas. O grupo de alumnos vai dicindo cousas, incluso o que se lles ocorre aínda que non o formulen ben e, ao final, que se esforcen en ver que ideas lles parecen máis válidas, que preguntas son as máis interesantes.

Hipótese. Que imaxinen situacións diversas e vexan que pode suceder cunha solución ou outra que poida darse no tema que van estudar, que tipo de preguntas pode resolver ese tema.

Opcións. Fomentar que o grupo vaia aceptando e anotando preguntas diversas aínda que parezan contraditorias, e o profesor xa verá que é o que responde.

Preguntas de todos. Un dos atrancos que deben superarse nos grupos é que os alumnos se deixen condicionar por compañeiros que teñen fama de listos e, ao final, son os únicos que preguntan. É necesario abrirse a todos.

Preguntas de resposta pechada. Que normalmente se contestarían cun si ou cun non, ou cunha breve explicación. Son preguntas que teñen unha resposta específica: quen, onde, cando, canto. Buscan datos da fase de recoñecemento dun feito, data, personaxe.

Preguntas de resposta aberta. Por que, como… son preguntas de comprensión, de aplicación, análise, síntese, hipótese, avaliación... Non teñen unha resposta simple e necesitan unha explicación de conceptos ou teorías sobre algo. Abren aos alumnos novos campos de investigación. E elevan tamén a actitude interrogativa da clase.

 

 

3. ACTITUDE METACOGNITIVA DOS ALUMNOS

 

O profesor axudará tamén a que os alumnos, durante o adestramento, practiquen e a que desenvolvan unha reflexión persoal e grupal sobre o sistema de facer preguntas e como poderá mellorarse, tanto para coñecerse un mellor como na idea de mellorar a súa propia aprendizaxe e a relación máis próxima co profesor e todo o grupo.

 

 

RECURSOS

Que os alumnos aprendan a investigar profesionalmente. Por suposto, se a túa investigación se move xa nun ámbito semiprofesional, eses pasos convértense nun traballo moito máis complexo e talvez non facilmente aplicable ao momento normal escolar, pero aí están por se che interesa a ti ou ao grupo investigar algo en profundidade, e incluso publicalo.

 

 


Comentar