La Voz de Galicia

Xove talento científico vigués en Bruxelas

Vigo

Un proxecto de innovación deseñado por un equipo de estudantes de Bacharelato do Instituto IES Carlos Casares participa na Expo Belgian Science

29 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Un proxecto de innovación científica deseñado por un equipo de estudantes de Bacharelato do Instituto IES Carlos Casares, de Vigo participa na Expo Belgian Science que remata hoxe en Bruxelas. O titular de Educación do Goberno galego, Román Rodríguez, acudiu á cira para apoiar e felicitar persoalmente aos estudantes Anxo Lamela, Brais Outerelo, Daniel Rodríguez, Icía Carreira e Roque Miguéns, que se desprazaron á capital belga acompañados pola profesora Cristina Salgado, para presentar nesta feira o seu pioneiro motor de hidróxeno como alternativa sostible aos combustibles fósiles, que xa foi merecedor de galardóns a nivel nacional e internacional.

O equipo do instituto vigués que representa a Galicia participa nesta mostra que cada ano organiza a entidade Xoves Científicos de Bélxica xunto con arredor de 50 equipos procedentes de 15 países, cos que poderán compartir opinións, experiencias e habilidades. O proxecto combina o deseño dunha hidroxenera propia para producir hidróxeno e a adaptación dun motor de combustión para funcionar con este gas no canto de gasolina. Desta maneira, a tecnoloxía, que xera unicamente auga como residuo, aposta pola reciclaxe de vehículos actuais e a redución de materiais contaminantes. O equipo prevé unha visita a un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Valencia para mellorar o prototipo e avanzar na súa investigación.

O conselleiro Román Rodríguez destacou que contan «con todo o apoio por parte da Xunta de Galicia».


Comentar