![](https://img.lavdg.com/sc/-LggpdbWJCwvAssmUGgNZOrnaa4=/480x/2022/07/24/00121658678345310690392/Foto/B24L2074.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/A5vJrTrR69touBunGREuKGfqVtY=/480x/2022/07/24/00121658678403355909359/Foto/B24L2078.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/S0NwDW_V1mw5SMsPJ-UlqRo8lCQ=/480x/2022/07/24/00121658678403104647701/Foto/B24L2060.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ZERjdZiqunQq7sfWHZS5xPwrGvQ=/480x/2022/07/24/00121658678402618604988/Foto/B24L2081.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/470DTRNfZIzuubBTyEhUMKpM1m4=/480x/2022/07/24/00121658678348232356753/Foto/B24L2088.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/L27-hH0a2CdQXJMRcEuUKCwAf_Q=/480x/2022/07/24/00121658678347529125176/Foto/B24L2086.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/65V3LrAARHXEzZ8-DqC7K4e7jAg=/480x/2022/07/24/00121658678347347231578/Foto/B24L2087.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/S_Y-MsguFAcs5IuIcchQUloZGyo=/480x/2022/07/24/00121658678346758151319/Foto/B24L2085.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/HMK4bPC2QUaLsFDrEa5o36UO5CU=/480x/2022/07/24/00121658678346011581319/Foto/B24L2076.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/oc-siq42tcEn7XN61m6lAsiBncQ=/480x/2022/07/24/00121658678345850305745/Foto/B24L2083.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/8fFNJ6O0tgzCP-_8Qv3Q-YCwRss=/480x/2022/07/24/00121658678345127666834/Foto/B24L2075.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/4UGWGG6SUVB3S1euL_kU4F2SNYc=/480x/2022/07/24/00121658678344431190788/Foto/B24L2073.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/NKKTtReL7yIjV0e9wLzVbPQyYF8=/480x/2022/07/24/00121658678343832196489/Foto/B24L2080.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/hnKHt-WiA4mPXlRQBzcYmuvmyhU=/480x/2022/07/24/00121658678343677980433/Foto/B24L2082.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/EHHdWHW_xzx8XSOyrcHivHAwjAM=/480x/2022/07/24/00121658678343093822812/Foto/B24L2084.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/_JOg32MNBqi-uIz7xMf5vlgwGS4=/480x/2022/07/24/00121658678342940451800/Foto/B24L2079.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/8IEW6i_uEk8sBJ1A3yW_MJ_ukFI=/480x/2022/07/24/00121658678342210633526/Foto/B24L2065.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ofJuQhJVwQyBKKdEnlgV9Qhr4LM=/480x/2022/07/24/00121658678341465615124/Foto/B24L2077.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/GpMo_1Pwcr5gUrkxVCrk_CQ_Xgo=/480x/2022/07/24/00121658678283850612905/Foto/B24L2071.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/MYPTrQQnAhLTgJcPlyJ6aWVUs9M=/480x/2022/07/24/00121658678283665279925/Foto/B24L2072.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/j-kqKvCpXB0aDsm2RZQ2vwx1cVw=/480x/2022/07/24/00121658678283092125628/Foto/B24L2069.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/q60FTE81hE8RWEhlng4g2p0vDr4=/480x/2022/07/24/00121658678282955662220/Foto/B24L2070.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/qKM04JgPXJYD5_AbUjIE9SYrWYc=/480x/2022/07/24/00121658678226302263732/Foto/B24L2064.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/OyHS4QYr36hRA2ydjc0y8LY9Dgc=/480x/2022/07/24/00121658678226133904789/Foto/B24L2066.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/IuIVpUkJAxt5bTdZ9yvsOPOeFXk=/480x/2022/07/24/00121658678225513172439/Foto/B24L2061.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/civPvwpsyrlvmMejeM9QmDxpRDU=/480x/2022/07/24/00121658678225386297716/Foto/B24L2063.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/h8-cJxHHgxlw34NIPVQT1X7Z2ec=/480x/2022/07/24/00121658678224803801948/Foto/B24L2057.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/_NkcfSHUYnXxamLMuhi8yF8GMLk=/480x/2022/07/24/00121658678224645633712/Foto/B24L2058.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/i-l_7LgZjxVRTW-tqW1PLD8Q2Bk=/480x/2022/07/24/00121658678224094507534/Foto/B24L2067.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/te1AfTloP1glcdsPLy_-GgaPV00=/480x/2022/07/24/00121658678223912375397/Foto/B24L2056.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/5xkMSDKCVXQoSDzP9PtIfGK6cqw=/480x/2022/07/24/00121658678222635628222/Foto/B24L2068.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/CVLLLK9du72QmUwLP2aOpbOy_AQ=/480x/2022/07/24/00121658678221882742811/Foto/B24L2062.jpg)
A Festa da Dorna viviu no areal ribeirense un dos momentos máis agardados e divertidos
24 jul 2022 . Actualizado a las 18:06 h.Cargando coas súas embarcacións e con todo o necesario para pasar unha xornada de festa, chegaron as peñas á praia de Coroso para celebrar a Rejata de Embarcacións Feitas á Machada e Prupulsión a Pan de Millo: Jran Premio Cutre Sark. Despois dunha semana moi intensa en Ribeira, chégase ao fin da Festa da Dorna, que xa vai pola súa 74 singradura. E neste derradeiro día a regata era un dos actos centrais e, dende logo, máis divertidos.
O areal ribeirense tinguiuse das múltiples cores das camisetas das peñas. Tras dous anos de pandemia, había ganas de volver a lucilas. Porque nada pode co espírito dorneiro, que vaise transmitindo de xeración a xeración asegurando o futuro da festa. De maiores a pequenos, pasando polos mozos, Coroso encheuse para gozar dunha regata que de cutre só ten o nome, porque nas embarcacións que navegaron polas augas da ría arousana había moito traballo e imaxinación.
A flote
As peñas foron situando os seus botes na liña de saída. Desde un veloz roedor ata un barco que recordaba aos que navegan polo Misisipi, pasando por un surtidor de combustible cun aeroxenerador. Non faltou tampouco unha referencia a un membro da familia real moi afeccionado ás regatas e ás rías galegas.
Unha vez na auga, houbo embarcacións que se mostraron claramente máis rápidas que outras e, incluso, algunha tivo problemas para manterse a flote. Pero o resultado era, ao final, o de menos. O importante era divertirse e darse un bo chapuzón, mentres os peñistas que quedaban en terra animaban aos intrépidos que se botaron ao mar. E o obxectivo principal conseguiuse, porque os dorneiros saben moito, e sobre todo de pasalo ben.
E unha vez acabou a regata, chegou a hora de repoñer forzas tras a esixente proba. Ao longo e ancho da praia e do paseo de Coroso estaban as peñas repartidas preparando comida ou collendo o seu sitio para o picnic. O certo é que a xornada acompañou para pasar unha boa tarde no areal. A Festa do Dorna chega ao seu fin, aínda que queda o bis coa cea de gala e xa se van descontando os días para a próxima singradura.