Equipo de Normalización Lingüística do IES Perdouro de Burela colabora no maratón de lectura que terá lugar nesta vila o vindeiro martes, día 22. Serán doce horas de lectura continuada, de 9 da mañá a 21 horas no salón de plenos do Concello de Burela, cuxa delegación de Cultura promove esta novidosa iniciativa de animación á lectura, complementaria ao traballo feito nas aulas. Neste sentido o Equipo de Normalización Lingüística do Perdouro, en nome de toda a comunidade educativa, celebra que o concello da vila se sume a esta actividade que xa se viña celebrando no veciño Concello de Foz.
En representación do IES Perdouro acudirá en horario lectivo á media mañá todo o alumnado de 3º e 4º da ESO. Esta participación iniciarase coa lectura dunha escolma do relato galego contemporáneo, con textos de Concha Blanco, Xabier Docampo, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Uxía Casal, Riveiro Coello, Fran Alonso, Suso de Toro e Francisco Castro. A continuación poderanse escoitar fragmentos do libro, «A nosa cinza», de Xavier Alcalá, autor vinculado á vila mariñá pola súa colaboración con Armadores de Burela. Ademáis, aproveitando a coincidencia dun intercambio educativo entre este instituto e outro francés, un alumno bretón lerá un extracto das «Crónicas do Sochantre», de Cunqueiro; servirá tamén como saúdo ao irmanamento de Burela con Concarneau. Pola tarde participará no maratón alumnado de bacharelato e familiares.
O