«Só nos daremos por satisfeitos se somos a lista máis votada»

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

«Non temos ningún problema con formar un goberno de coalición; hai unha tradición de pactos que está aí»

13 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tras varios anos, Eduardo Gutiérrez regresa á política activa, encabezando a lista do PSOE de Ribadeo. Con unha amplísima experiencia (foi alcalde oito anos, e en outros períodos deputado autonómico e provincial), vese con forza e posibilidades de gobernar. ?No contexto de crise actual, en Ribadeo a xestión da economía non é un problema de necesidade, senón de supervivencia. E nós, aparte da miña traxectoria pasada que acredita unha capacidade de xestión, conformamos unha lista capaz de afrontar este tipo de problemática?.

-¿Pensa que a devaluación nas enquisas de Zapatero lle pode restar votos ao PSOE?

-Estas son eleccións locais e o que pasa a primeiro plano é a administración local, as persoas. Non se trata de promesas, trátase de quen promete e con que capacidade.

-¿Con que resultado electoral se daría por satisfeito?

-Con ser a lista máis votada.

-Se é así, ¿estaría disposto a formar un goberno de coalición?

-Non temos ningún problema con iso. Hai unha tradición de pactos PSOE-BNG que está aí, ainda que é certo que no único sitio onde se rompeu foi en Ribadeo.

-Polo que se ve, vostede non descarta un pacto co BNG, pero sen embargo o alcalde e o goberno municipal son o centro das súas críticas.

-Que non descartemos posibilidades para despois das eleccións non quere dicir que non sexamos críticos co actual goberno. Para presentarnos como alternativa partimos da situación actual, que dista moito de ser normal, e que de feito en algúns ámbitos é moi difícil de entender. Por exemplo, na política de persoal, no gasto superfluo, nas débedas... No caso do persoal, o nivel de eficacia deixa moito que desexar e é netamente mellorable.

-¿Por que os ribadenses deberían votar a Eduardo Gutiérrez?

-Pola fiabilidade, baseada na oferta programática. Son un candidato que non necesita firmar ningún decálogo ético.

-Se goberna, ¿cales serán as súas prioridades?

-O plan de ordenación municipal. Eu fun capaz no pasado de aprobar un plan... outros foron os que deixaron esa vía. Cando eu entrei o plan levaba 13 anos aberto e saqueino adiante. Agora leva 14 anos aberto. Por iso me chama a atención que algúns, unha e outra vez, o incluían no seu programa sen ser capaces de sacalo adiante.

Si, con matices

En contra

A favor

A favor

A favor

Depende

A favor

En contra

Descoñezo o tema en profundidade

Si, pero con regulación

Caldo galego

Coello

Ribeiro

Un viño galego

Percebes

Palometa roxa

Moi lixeiro, café con leite e se cadra un pouco de pan

Depende

O Ribadeo

Pasear

Pondal

Os Eoas

Unha non, moitas

Casas Novoa

Marlon Brando

Vivien Leigh

Del Mónaco

Clásica

Volkswagen Golf

A Bayreuth, en Baviera