A invisibilidade de Maruja Mallo

Pedro Cabarcos

A MARIÑA

08 abr 2017 . Actualizado a las 13:29 h.

O pasado sábado 1 de abril de 2017, presentábase no Pastor Díaz de Viveiro, a homenaxe que a Real Academia de Belas Artes Nosa señora do Rosario realizou con motivo de dedicarlle o Dia das Artes Galegas a Maruja Mallo, galardón que alcanza a terceira edición. No acto participaron entre outras personalidades, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o presidente da RAG de Belas Artes, Manuel Quintana, a académica Asunta Rodríguez , e a alcaldesa de Viveiro Maria Loureiro. E Maruja Mallo? . Algún se pensará si quen escribe está ben da cabeza, todo o mundo sabe que a artista está morta fisicamente. A miña pregunta diríxese á VISIBILIDAD da pintora no casco urbano de Viveiro, nas súas aulas, na participación do pobo, orixe e fin de toda obra. Salvo a homenaxe nas instalacións de Regal Xunqueira, comisariado por Renata Otero( por certo!, con dous estupendos retratos sobre a súa imaxe), o cidadán da pé , lerá a noticia nos medios informativos, desde a lonxanía que marca unha información do día despois. As institucións, e nelas están as públicas e as privadas, manteñen un control sobre a difusión da arte que parece fose, unha perigosa arma en mans do tan denostado pobo. Parece que as palabras de Baudelaire resoan sobre a imaxe de Pastor Díaz: “ Después de haber dado a la sociedad vuestra ciencia, vuestra industria, vuestro trabajo, vuestro dinero, reclamaís vuestra recompensa, en goces del cuerpo, de la razón y de la imaginación”. Escritas co título Aos burgueses no Salón de 1846. Logo de 171 anos parecen de onte mesmo.

“La vista…( di R Arnheim nas súas “Consideracións sobre a educación artística” )Debe estar ligada inseparablemente a los posteriores recursos mentales de la memoria y la formación de conceptos”. Non se colocan citas nesta construción argumental, para demostrar un maior ou menor grado de información, son pensamentos escritos, que lidos, están para pensar, darlles formas e aprender en voz alta da erudición dos intelectuais que nos berran sobre o que non debe ser nin facerse. Para ser máis teimudo, di E.H. Gombrich, en palabras interpretadas de Francisca Perez Carreño: “ En realidad no existe el arte, sino solo las obras de arte: objetos, procesos o fenómenos que provocan un placer que se experimentan en la sensibilidad, a través de la imaginación o con el intelecto”. Onde están as súas obras?, non digo como orixinal, pero si como reproducción, como partes dunha curiosidade VISIBLE que ao non “estar” vólvese INVISIBLE. Maruja Mallo nas verbas , nos honores, nos foros pechados do boato complaciente, na escenografía palacega, sen respirar o cheiro da marea baixa, do nordeste, sen sentir a salitre nin a humidade, o gris que define unha xeometría poética, cargada de símbolos e metáforas contra o formal e oficial. A transgresión transformada en achantar, quizais, pinceladas deste tipo son as que se queren evitar, o través da reflexión sobre o feito de VER. Retomando a Gombrich : “Las obras de arte forman parte tanto del mundo de los hechos como el mundo de los valores… la feria es preferible a la plaza del cuartel”.

Maruja Mallo, viaxará polas cidades, estará en unidades didácticas para a voluntariedade no seu desenvolvemento, fachendeará na capital do reino ao cheiro das grandes institucións museísticas, pero para os/as cidadáns e cidadás de Viveiro e da Mariña, será unha circunstancia tan afastada, como o azar do seu nacemento. Como pode unha comunidade saber da importancia dun veciño si non é VISIBLE?. Cando un viaxa polo mundo, en cidade pequena ou grande, observa como os/as concidadáns ilustres, son honrados/as ata nos pratos de comida. Camisetas, bolígrafos, bolsas,...un sen fin de aparicións que cando menos, se entremeten na retina, ata para o que queira facerse o despistado ou despistada. Non é o comercio que me move a dicir estas palabras, a obra de arte e o artista conviven co mercado, pero xeneralmente non forman parte desa inmediatez. Si aspiran a formar parte do devandito anteriormente: da sensibilidade, a aprendizaxe, a conciencia, a emoción, parcelas que conforman o ser moral que pregunta e interpreta o mundo para evolucionar, para mellorar as condicións humanas e a súa existencia. Lonxe quedan o exemplo dos cidadáns de Venecia que introduciron a Tiziano na Academia unha vez foi rexeitado polos propios académicos e vitoreado polos comúns ante a súa obra exposta e rexeitada nas portas da propia institución.

“Entre el arte contemporáneo y la gran mayoría de la población se ha abierto un abismo cultural impresioante que se manifiesta en una serie de reacciones que van de la ironía a la acusación del despilfarro de los fondos públicos…El valor artístico tiende a basarse más en el mercado de la información y de la comunicación que en la cultura”. Queda dito por M. Perniola, na “Arte e a súa sombra”, sen que teña que realizar ningún matiz. Somos as persoas as que temos que comprometernos para saír dos escurantismos teledirixidos, incluso sendo os propios mentores inconscientes dos seus actos. Non podemos mirar para outro lado, un secuestro inconsciente, ata inocente, ten que ser denunciado. Os/as cidadáns e cidadás de Viveiro e de toda a Mariña lucense, teñen o dereito de participar da proposta, neste caso, da artista, porque non é só o seu deber, é o seu dereito para pensar que cando realizan a contribución, vía impostos, para as prestacións de todos e todas, non se sinta estafado na pretendida solidariedade, debido a omisións pouco explicables, que nos afastan incluso do que temos máis próximo.

Os Neira Broch, David Catá, Caxete, Pablo Silvio, Renata Otero, Balbina, Cristina Basanta, e tantos outros e outras, que me deixo no tinteiro (e que me perdoen), traballan entre nós, día a día, desde o seu silencio discreto e o seu baúl de obra inmensa, traballo que no futuro pode quedar nunha placa dunha rúa, no esquecemento dun teatro oficializado, e non no canto da marca distintiva dun pobo. Como di N. Ordine no seu libro da “Utilidade do inútil”: “ …pero abrigamos la esperanza de que la libre búsqueda de conocimientos inútiles demostrará tener consecuencias en el futuro, como las ha tenido en el pasado”.

Acabo con outra cita, quizais pola miña supina iñorancia de non saber expresarme coa suficiente contundencia e collendo prestadas as reflexións dos meus invitados de hoxe: “ …admito que el espacio global es inhabitable e inhóspito, como el aire puro es irrespirable. Pero necesitamos una dosis adecuada de globalidad para no asfixiarnos en contextos sin ventanas ( la obra de arte, creo, es la dosis exacta de globalidad que nos permite soportar nuestra existencia local- nuestro contexto- sin ahogarnos”. De J.L. Pardo e o seu libro “A estética do peor”. Das vantaxes e inconvenientes da arte para a vida.