«Queremos que se abra un debate e nós xa temos propostas. Aí está Maruja Mallo, María Tobío, as irmás Chao Maciñeira...»
A MARIÑA
Nesta primeira fase da campaña, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade xa se dirixiron a varios centros educativos da comarca para instalarlles a realizar un cambio de nome. Paula Ferreiro, integrante do Observatorio, cre importante abrir un debate cidadá para reflexionar sobre o desequilibrio actual que impide visibilizar a participación das mulleres na sociedade actual.
-Están contactando con centros, pero ¿xa teñen vostedes algunha proposta?
-Temos propostas que aínda non trasladamos. Pensamos facer a campaña en diferentes fases e agora estamos na primeira. Queremos que se pronuncien os centros, que se abra un debate. Nós xa temos moitas propostas. Aí está Maruja Mallo, as irmáns Chao Maciñeira, María Tobío, as irmás Albajar... Hai moitas.
-¿E xa tiveron algunha resposta dalgún centro educativo?
-Dous centros xa nos comunicaron que valorarían a proposta. Foron o CEIP do Vicedo, que o vai trasladar ao consello escolar, e a Escola Municipal de Música de Ribadeo.
-Aínda están nunha primera fase da campaña, queda moito camiño por percorrer...
-Nós non temos competencias para facer os cambios, por iso animamos aos centros e a outras institucións que si as teñen para que reflexionen. Empezamos polo eido educativo porque consideramos que é un piar.