A Cova do Rei Cintolo recibe esta mañá a certificación Observer Turismo Científico

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Elena Candia vai presidir o acto de entrega

06 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, ás 12 do mediodía, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, vai presidir o acto de entrega da certificación Observer Turismo Científico á Cova do Rei Cintolo. Un paso máis, importante, de recoñecemento para as covas mindonienses, as de maior extensión visitable de Galicia e unha das máis importantes de España, que agora se ve recoñecida con esta distinción, importante como polo de atracción turística, un máis na cidade episcopal.

Participan no acto desta mañá, ademais da alcaldesa, Maite Vence, directora de Observer ScienceTourism; un representante da Federación Española de Espeleoloxía e Marcos Vaqueiro, espeleólogo e auditor Observer. A rexedora mindoniense amosa a súa satisfacción por este recoñecemento ás covas do Rei Cintolo. Mondoñedo ten un enorme capital cultural que se enriquecerá co Museo Álvaro Cunqueiro.