Victoria Andrea Veiga, do IES de Mondoñedo, gana o concurso de narrativa de O Facho

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Co conto titulado O ceo está inzado de estrelas

04 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A alumna de 4.º da ESO do instituto San Rosendo de Mondoñedo, Victoria Andrea Veiga, vén de gañar o primeiro premio no concurso de narrativa, na categoría A de 13 a 16 anos, convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña. No apartado «Contos de nenos para nenos» Victoria Andrea Veiga Maseda acadou o premio co conto titulado O ceo está inzado de estrelas.

O concurso literario da agrupación cultural O Facho é un dos tradicionais e máis asentados entre os certames para mozos e mozas.

«Augurámoslle moito futuro a esta nova promesa da narrativa galega, ao tempo que lle damos os parabéns», sinalaban onte desde a dirección do instituto mindoniense.