De igual modo que moitos dos soños de Julio Verne serviron de inspiración para a creación posterior de novas realidades, comparto nestas liñas información para a creación dun soño conxunto onde exista a posibilidade de reconversión da produtora de alúmina e aluminio de San Cibrao a unha produtora baseada na economía circular. O actual xeito de producir en Alcoa está fundamentado na economía lineal. Extracción de recursos naturais ( bauxita), producción ( alúmina e aluminio) para o seu consumo e xeración de residuos (lodos), todo elo cunha alta necesidade enerxética e un impacto ambiental preocupante. Varios datos previos a ter en conta antes da ensoñación: o aluminio é o material de primeira liña na transición á economía circular, leva máis dun século reciclándose, non xera residuos e diminúe a extracción de novos materiais, dende 1888 estímase que se crearon 700 millóns de toneladas de aluminio, do cal o 75 % todavía segue en uso no planeta. É un material que ten unha alta demanda e que vai en aumento, debido aos múltiples usos: automoción, construcción, aeronáutica, electrónica, e un sinfín de utilidades que fan do aluminio unha alternativa real a materiais como o ferro ou o plástico.
E dous datos importantísimos, o aluminio reciclado só consume o 5% da enerxía que se emprega na súa fabricación primeira e é un material infinitamente reciclable, obtendo sempre un material de alta calidade cun baixo custe enerxético, o que fai del un material sostible. Que actividades realizaría esa Alcoa Circular? Reconversión dos lodos en cementos, pigmentos, etc? Recollida e acopio de materiais con aluminio? Continuará..