«O único que ten que facer o Goberno central é aprobar o Estatuto», insiste Francisco Conde
A MARIÑA

Palabras del conselleiro de Industria, Francisco Conde
02 jul 2020 . Actualizado a las 12:41 h.«O único que ten que facer o Goberno central é aprobar o Estatuto, é o único que ten competencias para facelo. O Estatuto permitirá fixar un prezo competitivo da enerxía».
Son palabras del conselleiro de Industria, Francisco Conde, que ayer en un acto en A Coruña, al ser preguntado por el conflicto de Alcoa, insistía en la necesidad perentoria de que el Gobierno apruebe el Estatuto. Reivindicación que también viene manteniendo el comité de empresa; ayer mismo en la concentración en Santiago lo reclamaron.
«A Xunta de Galicia apoia a industria electrointensiva, como non podía ser doutro modo. Galicia ten que producir aluminio primario, é estratéxico. En 9 anos -recordaba el conselleiro- non houbo problema; nin con Zapatero nin con Rajoy. Agora vén o señor Pedro Sánchez e a señora Yolanda Díaz e a tamén ministra Teresa Ribera e hai problemas. Temos un Goberno que está confrontando permanentemente, coas empresas, coas Administracións autonómicas, e ese non é o camiño, así non hai futuro».
«Desde a Xunta queremos manter a industria electrointensiva, pero fixar o prezo eléctrico e que sexa competitivo, insisto, é competencia exclusiva do Goberno de España. Non se pode botar a culpa aos demáis, cando a responsabilidade é deles. Hai 500 traballadores que van ir ao paro, 500 familias da Mariña, e non fan nada para impedilo, non o entedemos», manifestaba.
«Nós propoñemos solucións -indicaba Conde-, medios e financiación. Aportámolos co oleoducto para Alcoa ou cando a fábrica precisou investimentos. Neste momento, xa o dixemos na mesa de traballo, estamos dispostos a ofrecer préstamos participativos e contratos bilaterais mentres se vai estruturando o plan industrial de futuro que presentou o Goberno. Porque o que interesa é o agora, o inmediato, a curto prazo, mentres se afianzan os contratos coas renovables. Por eso, mentres tanto pedimos un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensivo, para Alcoa, e iso, como digo, só pode facelo o Goberno. Está nas súas mans», concluía o conselleiro de Economía, que pedía al Gobierno de Sánchez «que focalice todo o esforzo en dar resposta aos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares».