Alejandro Paleo: «Cando pedalee ata Dinamarca pensarei nos compañeiros e na miña familia»

A MARIÑA

Alejandro Paleo, no centro, cando foi distinguido como o mellor galego na Volta a Galicia, en 2010
Alejandro Paleo, no centro, cando foi distinguido como o mellor galego na Volta a Galicia, en 2010 ALBERTO LÓPEZ

O traballador de Vestas irá en bicicleta ata a sé da multinacional para pedir que reconsidere o peche

06 oct 2021 . Actualizado a las 23:19 h.

Non quere que o seu reto eclipse a loita do persoal por manter os postos de traballo, pero hai unha curiosidade inevitable pola historia de Alejandro Paleo (Viveiro, 1981), ex ciclista profesional que irá en bici desde a fábrica de Chavín á sé de Vestas para entregar unha carta aos directivos da empresa solicitando que freen o peche.

—Cada traballador de Vestas pon o seu grao de area. Vostede subirase á bici.

—Exactamente. Outros deseñan pancartas, prepararan as manifestacións. Queremos demostrar que somos profesionais e estamos involucrados polos empregos. Eu non son un heroe nin o protagonista.

—Dous compañeiros de Vestas irán con vostede na caravana.

—Así é, Breixo Buján e Guillermo Barreiro. Farán un traballo máis duro có meu, porque conducir dez horas na caravana detrás miña, ou gravar tantos vídeos e subilos á rede non será doado.

—Ten un reto por diante. Que é o que máis lle preocupa?

—Non me preocupa o percorrido, porque estou ben adestrado e non haberá pendentes excesivas, pero si teño medo a ter algunha molestia que se poida converter nunha lesión e me impida chegar.

—En quen pensará cando pedalee?

—Ao 100% nos meus compañeiros e na miña familia. Será máis duro para eles, aos que non se lles pasan as horas. É un persoal polo que poño a man no lume e sei que terei moita xente detrás.

—En xaneiro cumprirá once anos traballando en Vestas. Como está a vivir esta ameaza de peche?

—É unha situación difícil, porque tiñas unha vida organizada e agora non sabes que vai pasar. Alcoa está en problemas e estamos preocupados, porque de pechar quizais teriamos que emigrar. Hai hipotecas, nenos... E nós cumprimos sempre co que nos pediron e máis, somos serios e competitivos. Non podemos permitir este golpe para Viveiro e A Mariña. 

Invitan a los ciclistas locales a pedalear con él en la salida

El comité de empresa de Vestas solicitó apoyo a la población mariñana, en concreto a los aficionados al ciclismo, para que se sumen a Alejandro Paleo en su reto por cubrir más de 2.800 kilómetros en bicicleta desde Viveiro hasta Aarhus (Dinamarca). El obrero de la fábrica de Chavín y ex ciclista profesional saldrá mañana desde la propia factoría, a las 10.30 horas, y espera llegar a la sede de la multinacional en un plazo de 15 días, aproximadamente. Allí entregará a los directivos de la empresa una carta para pedir que reconsideren el cierre de la planta.

Según expuso el comité, los menores de edad podrán acompañar a Paleo durante un tramo corto, hasta el desvío de Naseiro, mientras que los adultos podrán seguir el ritmo del trabajador de Vestas hasta los Xardíns Noriega Varela, en la ciudad del Landro.

«A participación da saída será chave no éxito, participade coas vosas bicicletas», resalta el comité. La aventura de Paleo podrá seguirse en directo a través del grupo de Facebook Pedaleo X Empleo-Vestas Viveiro.

«A min gustaríame que foran diante os nenos, porque son o futuro, e poder saír detrás deles cos meus amigos coma un máis», indica Paleo, que resalta que «o que queremos facer é moito ruído. Se alguén quere unirse durante o reto a facer uns kilómetros é benvido», resalta.

«O pobo está envorcado e está todo o mundo colaborando a tope con esta viaxe, para que poida ter éxito e cumprirse o reto», agradece Alejandro Paleo, que mañana inicia su aventura.