A Banda de Música O Landro prepara un disco coas marchas da Semana Santa de Viveiro

A MARIÑA

A formación que dirixe Carlos Timiraos gravou un cedé na Casa do Forno de Celeiro
05 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Co ilusión de que a música da Semana Santa de Viveiro, un ben inmaterial, perdure no tempo, a Banda Municipal de Música O Landro gravou este sábado un disco monográfico titulado Historia dunha Paixón na Casa do Forno en Celeiro. A formación que dirixe Carlos Timiraos Timiraos interpretou para o cedé nove marchas procesionais que presentan un percorrido polas distintas épocas e mestres. A máis antiga é de principios dos anos trinta, e máis recente foi estreada o ano pasado en homenaxe ó paso de El Prendimiento. «A Banda leva case un século poñendo música á Semana Santa», destacou Timiraos. O cedé irá dedicado ó músico Blas García Liz e ás familias que ó longo do tempo formaron parte da banda.