Dos investigadoras del CSIC explicarán qué encontraron en el San Giácomo, el pecio del siglo XVI mejor conservado del mundo bajo las aguas de la ría de Ribadeo
A MARIÑA
Será este jueves en la sala Carlos III de la Fundación Exponav; en el San Giácomo di Galiza se identificaron restos de provisiones de vaca, cordero, cerdo y merluza, entre otras especies de pescados
22 ene 2024 . Actualizado a las 22:24 h.Las investigadoras del Instituto de Historia del Centro de Ciencias Humanas y Sociales del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Marta Moreno García y Ana Crespo Solana, impartirán este jueves, 25 de enero, a las 19:00 horas, en la Sala Carlos III de la Fundación Exponav, la conferencia “Estudo Histórico e Arqueolóxico do Pecio Ribadeo I (San Giacomo di Galiza, 1597): Unha Investigación Interdisciplinar”, invitadas por la Cátedra Jorge Juan que dirige la profesora de la Escuela Politécnica de Ingeniería de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.
«Ao longo da súa presentación, as investigadoras analizarán os resultados obtidos logo das campañas arqueolóxicas realizadas nos últimos anos neste xacemento e que permitiron recuperar centos de obxectos tales como pezas de cerámica, metais ou anacos de madeira. A maiores, Marta Moreno García e Ana Crespo Solana farán referencia á relevancia dos 78 restos de fauna atopados aínda que, como ben salientan, estes só representan unha parte moi pequena das provisións cárnicas que este buque de guerra do século XVI levaba a bordo», explican en su comunicado.
Se referirán a las provisiones que llevaba a bordo el San Giácomo, porciones cárnicas de vaca, cordero, cerdo, gansos e incluso merluza, entre otras especies de pescados: «Segundo a análise arqueozoolóxica do Laboratorio de Arqueobioloxía do Instituto de Historia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estes restos pertencen a diferentes porcións cárnicas de vacas, cordeiros, porcos, gansos e incluso a varios tipos de peixe como pode ser a pescada».
Recuerdan que «foi en novembro de 2011, durante o dragado da canle de acceso ao porto de Mirasol en Ribadeo (Lugo), cando se localizaron os restos estruturais de madeira pertencentes ao casco do que podía ser unha embarcación do século XVI. Nunha primeira prospección, o arqueólogo da Xunta de Galicia, Miguen San Claudio, confirmou as dimensións do buque: uns 34 metros de eslora e uns 12 de manga. Desde aquel entón, téñense levado a cabo numerosas escavacións financiadas pola Xunta de Galicia, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Unión Europea en colaboración con diversas universidades e centros de investigación e máis co apoio da Unidade de Mergullo da Armada en Ferrol. Grazas a este traballo conxunto, logrouse reconstruír a biografía histórica do San Giacomo di Galizia, tamén coñecido como Santiago, desde a súa construción nun estaleiro de Nápoles (Italia) ata o seu afundimento na ría de Ribadeo (Lugo) en 1597».