O Teatro das Cortes en Cabanas, O Vicedo, ofrecerá este sábado unha xornada sobre teatro e música

Lucía Rey
Lucía Rey O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >O actor Pepe Penabade, na antiga corte de vacas que reconvertiu en teatro para dinamizar e impulsar a cultura na súa aldea natal de Cabanas, no Vicedo</span>
O actor Pepe Penabade, na antiga corte de vacas que reconvertiu en teatro para dinamizar e impulsar a cultura na súa aldea natal de Cabanas, no Vicedo XAIME FERNÁNDEZ RAMALLAL

Haberá unha mesa redonda e unha comedia musical sobre o Camiño de Santiago

18 jun 2024 . Actualizado a las 21:49 h.

O Teatro das Cortes, a iniciativa que impulsa en Cabanas (O Vicedo) a asociación Volta e Dálle, organizará este sábado, 22 de xuño, a primeira Xornada Teatro Terra. A cita dará comezo no lugar de Xestoso ás 17.30 horas cunha mesa redonda sobre teatro, música e outras ferramentas dinamizadoras, que será coordinada por Eduardo de Martís, divulgador da Galiza do presente. Participarán nela o fundador da Asociación Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado; a coordinadora e actriz do colectivo cultural Ollomao, Marisa Freire Blanco; o coordinador teatral da asociación Son de Aldea, Alfonso García Pena; o coordinador das actividades da Asociación Cultural Nordés, Ricardo Bellas Murias; e o coordinador e actor da asociación Papaventos de Vedra, Antonio Vázquez Turnes. 

A continuación, ás 20.30 horas, arrincará o espectáculo teatral «Xacovedra», da compañía de teatro Andaravía. Trátase dunha comedia musical sobre o Camiño de Santiago e anos xacobeos. Presentará a xornada Pepa Yáñez, e a entrada será de balde

A través do Teatro das Cortes, o actor Pepe Penabade, natural de Cabanas, trata de impulsar a cultura e dinamizar a vida nesta aldea do Vicedo na que quedan ó redor de 50 veciños. 

A actividade conta co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo, e a colaboración de RTAe a Bodeguilla de San Lázaro.