Adiós, Mirandés (na memoria de José López Riveira)

Martín Fernández OBITUARIO

A MARIÑA

07 oct 2024 . Actualizado a las 19:14 h.

A mellor definición que se podería facer escribeuna Alvite, a quén nunca coñeceu: cando tiña vinte anos era capaz de gañar o Gran National co cabalo ao lombo. Tiña tal forza e determinación que podía tirar un corner e chegar para rematalo. Foi un icono do fútbol na Mariña como xogador, como entrenador, como aficionado.

O seu nome era José López Riveira pero todos o conocían como Mirandés. O martes serán moitos os amigos que iremos a despedilo ás catro do serán á igrexa de Burela. Tiña 69 anos e levouno unha cruel enfermidade.

Naquel fútbol de barro e caña brava, tacos de aluminio e patada a seguir, amigos uniformados e honor en xogo, destacou sobremaneira pola súa forza, a súa nobleza e a súa calidade humana e futbolística. Unha vez, Silvestre Rúa -o inesquencible fundador e presidente do Xove-Lago- pagoulle a viaxe en avión dende Palma de Mallorca, onde facía a mili, só para enfrentarse ao Viveiro dos Solla, dos Gueimunde, de Acacio e Moar. Era mellor perder un dedo que perder o partido…

 Mirandés , durante un partido en su etapa como técnico del Cangas de Foz
Mirandés , durante un partido en su etapa como técnico del Cangas de Foz No disponible

O home parecíase ao futbolista. Era noble, bó e xeneroso ata límites insospeitados. Somos moitos os que nunca o olvidaremos. Eu fun seu profesor, delanteiro no seu equipo, amigo del e da súa familia. Estará sempre na miña memoria e no meu corazón.