Familias de Viveiro participaron en Area nunha limpeza simultánea de praias en 29 municipios da costa galega

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Grandes e pequenos participaron na actividade de voluntariado ecolóxico desenvolvida na praia de Area, en Viveiro</span>
Grandes e pequenos participaron na actividade de voluntariado ecolóxico desenvolvida na praia de Area, en Viveiro Pepa Losada

O colectivo Pensamento e Sementeira organizou a cita

26 oct 2024 . Actualizado a las 12:08 h.

Familias de Viveiro participaron este sábado en Area nunha limpeza de praias que se levou a cabo de maneira simultánea en 29 concellos de toda Galicia. O colectivo Pensamento e Sementeira organizou unha cita, que comezou en torno ás 10.30 horas, e que foi promovida por Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) por décimo terceira vez. Esta acción de voluntariado ambiental, que se levou a cabo de maneira ecolóxica, non mecánica, trata de eliminar boa parte dos residuos que están nos areais, coa idea de chamar a atención da sociedade sobre a súa contaminación, procedente en moitos casos de terra dentro.

Pepa Losada

Pepa Losada

«As principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no "usar e tirar", na deficiente xestión dos residuos que xeramos e na falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. Todo iso provoca que, cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedentes, en parte, da industria do mar (pesca, extraccións...), pero tamén dos nosos fogares», sosteñen desde o colectivo.