Alumnos de Foz, nas clases de cociña en París co Erasmus+

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

O Lycée Guillaume Tirel colabora co IES focense dende o ano 2017

16 ene 2025 . Actualizado a las 21:28 h.

Catro alumnos do IES de Foz encóntrase de visita no centro homólogo de París Lycée Guillaume Tirel. Durante os días na capital francesa participan nas súas clases prácticas, traballando tanto na cociña como na sala. Este instituto colabora co IES de Foz dende 2017, tanto recibindo como enviando alumnado á Mariña. Esta viaxe está encadrada dentro do programa Erasmus+ que estrea esta convocatoria estas mobilidades en grupo para FP. Trátase dunha boa experiencia para coñecer de cerca o funcionamento da FP noutros países e intercambiar vivencias con alumnado de hostelería.