Ás 22 horas no auditorio da Casa da Cultura
30 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Uxía Senlle presentará esta noite ás 22.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela o seu novo traballo musical, que leva por título «Uxía-O». Nel, a artista galega ofrece unha particular homenaxe a Uxío Novoneyra na que viste de música ao poeta do Courel con 16 cancións con ecos de muíñeira, «ragtime», alalás e «reggae». «A poesía de Uxío ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada», sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentista brasileño Sergio Tannus «para que esta visión fose a máis actual e universal posible, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da obra de Novoneyra». A entrada para asistir á esperada cita en Burela será totalmente gratuíta. Organiza a delegación de Cultura, Educación e Xuventude.