Organizada por Educando en Familia, dará comezo ás 17.30 horas no salón de conferencias
18 nov 2024 . Actualizado a las 20:19 h.O salón de conferencias de Burela acollerá este martes, 19 de novembro, ás 17.30 horas, a charla «Unha pantalla para o Nadal?». Será impartida pola pedagoga Carolina García Chico e organizada polo programa Educando en Familia. O colectivo, que agrupa a familias con nenos de 0 a 6 anos de concellos da Mariña e da Terra Chá, ofrecerá ferramentas para xestionar e buscar o equilibrio no uso de pantallas de teléfonos móbiles, tablets, portátiles ou vídeoconsolas, entre outros.