07 ene 2025 . Actualizado a las 20:56 h.
Péchase o GES de Cervo por vontade do Concello de Cervo, como represalia contra os seus traballadores por demandar os incumprimentos do Concello en prevención de riscos, que foron aceptados polo propio consistorio en acordo xudicial e agora non só non os arregla, senón que elimina o servizo para non ter que cumprilos.
O Concello négase a firmar a renovación do convenio, a pesares das múltiples propostas de organización feitas polos traballadores, segundo o modelo doutros GES e servizos de emerxencias da comunidade, e contando co apoio económico das administracións que suscriben o convenio.