O Galp presenta hoxe en Foz a historia dos estaleiros da zona

s. c. FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

Será a partir das 19 horas na Casa de Cultura focense

28 dic 2021 . Actualizado a las 08:10 h.

O GALP A Mariña Ortegal, realiza hoxe, martes, a presentación pública do proxecto audiovisual «Historia dos Estaleiros da Mariña-Ortegal», será ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz. Esta presentación tamén pode seguirse desde acanle de youtube do Galp A Mariña Ortegal ou ben na dirección habilitada https://youtu.be/6Jtvhcnk-iE.

O obxetivo deste proxecto é dar a coñecer o presente e pasado da industria naval na Mariña e Ortegal. Exemplos coma Foz, que na década dos 60 chegou a ter cinco estaleiros e onde se botou a principios dos 90 o barco de pesca de madeira mais grande de Europa; ou San Ciprián, onde Francisco Frá, fiel a tradición familiar desde hai séculos, mantén vivo o oficio. Celeiro, O Vicedo... ata a actualidade do sector nos varadoiros de Burela e Celeiro, a construcción en fibra no polígono de Fazouro e en aceiro e ferro en Talleres Cillero para rematar en Astilleros Armón, buque insignia hoxe en Galicia-Asturias.