A praia de San Román, no Vicedo, acollerá a sétima Romaxe Viquinga os días 26 e 27 de xullo

La Voz O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

<span lang= gl >O delegado da Xunta en Lugo, Javier Airas: o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os artistas Queiman e Pousa e o ilustrador Cristian F. Caruncho, este mércores na presentación da romaxe</span>
O delegado da Xunta en Lugo, Javier Airas: o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os artistas Queiman e Pousa e o ilustrador Cristian F. Caruncho, este mércores na presentación da romaxe Xaime Ramallal

O actor Alfonso Agra pregonará a cita o primeiro día

19 jun 2024 . Actualizado a las 17:10 h.

A praia de Area Grande, situada na parroquia de San Román (O Vicedo), acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima Romaxe Viquinga. A cita foi presentada este mércores na Casa da Cultura do municipio nun acto no que participou o alcalde, Jesús Novo, ademais do ilustrador dos carteis e das camisetas, Cristian F. Caruncho; dos encargados da parte artística, Queiman e Pousa; e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias. Tamén acudiron membros doutras institucións implicadas no festexo.

Arias destacou a singularidade dunha festa «que supón unha oportunidade turística para O Vicedo e que se supera cada ano, tanto en participación e cantidade de público como no nivel da organización».

O actor Alfonso Agra, pregoeiro

Desta volta, o encargado de dar o pregón será o actor Alfonso Agra (Arzúa, 1959), coñecido pola súa participación en series de televisión ou películas como Pratos Combinados, Matalobos, Fariña, Terra de Miranda, Néboa ou Vivir sin permiso, entre outros moitos. Terá lugar o venres 26. 

A festa ofrecerá a programación tradicional e varias novidades, coma unha ruta cultural explicativa pola zona dos Moutillós, onde na última década se teñen levado a cabo diferentes escavacións arqueolóxicas. Será conducida por un guía o xoves 25 de xullo, xornada previa ó inicio da romaxe. Tamén haberá nesta ocasión un grupo de recreación histórica chegado de Ponferrada que «reforzará a presenza cristiá» nas actividades de recreación e talleres que formen parte do programa, no que haberá de novo comidas populares, música, desfiles e a recreación dun desembarco viquingo no areal.