Dará comiezo ás 10.30 horas na igrexa de Santo Estevo do Val
16 ago 2024 . Actualizado a las 18:42 h.A igrexa de Santo Estevo do Val acollerá este sábado, 17 de agosto, ás 10.30 horas unha charla sobre a familia Vivero. Organizada polo Concello do Vicedo e a Asociación Cultural Orde Templaria, será ofrecida polo investigador Antonio Lage-Seara e levará por título: «Os Vivero. as orixes. Unha familia local influínte na historia universal». Segundo explica Lage-Seara, a cita aspira a axudar a divulgar «a historia dunha familia que detentou moito poder na Corte, saltando a América e Asia».
«A familia foi oriunda da zona, onde estivo vencellada por séculos. Os Vivero foron Señores de Viveiro, e máis tarde recompensados como Señores de Galdo, que incluía as parroquias de Cabanas, San Román, San Esteban... Tiveron durante catrocentos anos verdadeiro poder, e apenas se mencionan», avanza o relator.