A inscrición pode realizarse xa na Casa do Concello ou no 982 592 001
23 ene 2024 . Actualizado a las 16:28 h.O Concello de Xove repartirá 4.910 euros en premios no Gran desfile do Entroido que organizará o sábado 10 de febreiro. Partirá ás cinco da tarde do campo de fútbol e rematará no Centro Cívico. Contará coa animación da Mekánica Rolling Band. Logo haberá festa no pavillón coa Disco Móbil Conxuro e o Grupo Fénix. A inscrición pode realizarse no Concello, na oficina do Técnico de Cultura, ou no 982 592 001. O día do desfile tamén se poderá realizar ata as 17 horas, como explicaron o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira Dolores Meitín. O venres 9 haberá un Baile infantil de disfraces coa Disco Móbil Conxuro ás 18 horas no pavillón.
En canto ó Gran desfile do día 10, o Concello ten previsto que todos os participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se inscribirán antes do 10 de febreiro reciban un agasallo por parte da organización.