Convocan a Paula Padín a unha cita nacional de talentos

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

03 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A xogadora alevín do Cambados T.M. Paula Padín vén de ser convocada pola Federación Española de Tenis de Mesa para participar coa selección nacional da súa categoría nunha concentración de talentos en Los Alcázares, Murcia. Do 18 ao 23 de decembro.

Antes da concentración estatal, Paula Padín acudirá xunto con nove dos seus compañeiros de club ao Torneo Zonal Norte que desde o domingo e ata o día 8 reunirá en Ferrol os mellores canteiráns de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Castela e León.