O E. Otero aspira en Cambados ao podio no Galego

vilagarcía / la voz

AROUSA

06 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Cambados Tenis de Mesa organiza desde mañá e ata o domingo os Campionatos Galegos Absolutos no pavillón de Santo Tomé. Unha cita na que o club anfitrión competirá con dous equipos e con sete xogadores.

Kazeem Ahmed, Adrián Vidal e Fernando Padín defenderán as cores do primeiro plantel do Cambados T.M., o Establecimientos Otero, que parte entre os favoritos ao podio no cadro por equipos. A presenza do Arteal de Santiago de Superdivisión fai aparentemente inaccesible un título polo que tamén loitarán de saída o segundo equipo do club cambadés, o Grupo Barros, e mais o Liceo Casino de Vilagarcía.

Este último contará ademáis na cita con Francisco Monroy no cadro individual masculino, no que competirán os locais Adrián Vidal, Ñajo Padín, Fernando Padín e Jacob Enseñat. Os catro integrantes do Cambados Vidal e Fernando Padín, e Enseñat e Ñajo Padín formarán sendas parellas no cadro de dobres masculino, coa súa compañeira de equipo Saleta López formando tándem con Vidal no dobres mixtos.

A xornada de mañá dedicaráse a dirimir os títulos individuais e de dobres, quedando o cadro por equipos para o domingo.