O mediocentro do Arousa sofre unha escordadura leve no nocello dereito. Quere chegar ao domingo, e amósase encantado coa dureza do final do calendario do equipo
10 abr 2018 . Actualizado a las 13:16 h.Corría o minuto 22 do partido co Cultural Areas, e todas as alarmas saltaban nas filas do Arousa. Ivo, o central e capitán do conxunto local, aplicábase con excesiva contundencia á hora de cortar o avance entre varios rivais de Sergio Santos cun tempraneiro 0-1 no marcador. Despois de ter sido necesariamente atendido, o mediocentro arlequinado tentou proseguir, pero o golpe recibido no no seu nocello dereito impedíullo. Óscar suplíuno no campo no minuto 27, e o Arousa conseguíu sacar adiante un complicadísimo compromiso ante un rival en perigo de descenso que xoga á perfección coas reducidas dimensións do seu campo, como recentemente sufriran nos seus casilleiros o líder Compostela a a súa única alternativa ao título, o Bergantiños. A última hora da tarde de onte Santos, e o resto do plantel e o corpo técnico arousista, respiraban tranquilos. Con só media ducia de xornadas por diante, e co terceiro e co cuarto clasificados a tiro dun punto, a pantasma dunha lesión de ligamentos que puxera punto e final á contribución do pivote de creación esvaíase.
«Fui a la clínica de Jacinto, me hicieron una placa, y me dicen que no hay ninguna fisura. Después me vio Nuria, la fisioterapeuta del equipo, y me dijo que tengo el tobillo bastante mejor de lo que ella pensaba», explica Sergio Santos. De feito, en contra do que tería sido preciso de tratarse dunha lesión de certo nivel, a fisioterapeuta non só non lle inmobilizou a articulación, senón que lle indicou ao xogador a práctica de certos exercicios para facilitar o avance da recuperación. ¿Iso quere dicir que o centrocampita podería estar dispoñible este domingo para o encontro na Lomba contra o quinto clasificado, o Somozas, cos mesmos puntos có cadro vilagarcián? Haberá que velo.
«Yo no me descarto para el próximo partido. Mañana -por hoxe- me volverá a ver Nuria» na sesión que gozará o plantel do Arousa no Spa Urbano Arrullos del Agua, e «a ver si el jueves y el viernes me puedo entrenar».
Sergio Santos, que só se perdeu tres partidos esta tempada, contra o Compostela, Cultural Areas e Somozas na primeira volta por unha microrrotura muscular na súa perna dereita, é un observador privilexiado da traxectoria do Arousa. E chegados a este punto, afirma que «tenemos muchas opciones de meternos. Ya llevamos un tiempo jugando muy bien, y teniendo buenos resultados».
¿Cal será a clave de ver ou non o Arousa na vindeira fase de ascenso? «Tener un poco de suerte, la que nos faltó el año pasado». O resto, lesións á marxe, está controlado. É máis, Santos opina que a dureza do treito final do calendario do Arousa benefíciao: «Tenemos duelos directos, en los que al final vas a competir, no hace falta motivación, vamos a salir a muerte. Y son partidos más abiertos, en los que el rival no se encerrará, no irá a por el empate. En esos partidos tenemos más opciones».