Case un de cada tres padexeiros españois no Campionato do Mundo Absoluto de Esprint que hoxe comeza en Szeged, Hungría, é galego
21 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Case un de cada tres padexeiros españois no Campionato do Mundo Absoluto de Esprint que hoxe comeza en Szeged, Hungría, é galego. E un terzo destes últimos son veciños da banda sur da ría de Arousa. Tres deles, Teresa Portela, a canguesa afincada no Grove, a pontecesureña Camila Aldana Morison e o meisino do Naval de Pontevedra Iago Monteagudo entran en acción na xornada inaugural. Portela, buscando o pase ás semifinais do venres, chave da regata sabatina polas medallas e polas cinco primeiras prazas olímpicas do K1 200. Morison, no K2 1.000, e Monteagudo, no K4 1.000, ambos os dous barcos non olímpicos, pelexarán por entrar nas súas finais sen ter que pasar polas semifinais desta tarde.
O K4 500 da meca Natalia García entrará en acción na tarde de mañá, coa mira nos dez primeiros postos, mentres o seu paisano Tono Campos paleará o domingo a final directa do C1 5.000.