O colectivo Rompente actuaron onte en Vilagarcía
06 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Dentro da programación de novembro do cinecluble Ádega, onte o Salón García acolleu o espectáculo «Algo que levar á boca» do colectivo Rompente. Falamos «dunha agrupación que é historia viva de Galicia e que regresa tras corenta anos da man dos seus integrantes orixinais, é dicir, Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romón». Eles formaron un colectivo que se adiantou ao concepto cultural coñecido como «la movida», creando e representando unha poesía multidisciplinar e transgresora.