Xesús Fraga, un premio nacional de Narrativa no IES de Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O xornalista e escritor achegou a súa obra «Virtudes (e misterios)» no club de lectura do instituto

09 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A calidade da súa prosa ficara plasmada xa nas súas obras anteriores e nos moitos textos que elaborou no seu labor de xornalista para La Voz de Galicia. Mais en «Virtudes (e misterios)» (Galaxia, 2021) Xesús Fraga fixo algo moi especial, un relato capaz de mergullar o lector no duro pero emocionante universo que a súa poderosa e infatigable avoa Virtudes foi quen de construír dende a emigración en Londres, e a forma irredutible na que botou adiante a súa familia. Por algo a obra, que el mesmo presentou onte no club de lectura do IES de Valga, mereceu o Premio Nacional de Narrativa o ano pasado.