A arousá estrearáse coa selección absoluta o vindeiro mes en Orán (Alxeria)
26 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Jéssica Bouzas Maneiro (Vilagarcía, 2002) estrearáse o vindeiro mes co escudo da selección española absoluta de tenis. Faráo ademais nada menos ca nos Xogos do Mediterráneo, que este ano se disputarán, do 25 de xuño ao 5 de xullo, na cidade alxerina de Orán.
Varias veces internacional en categorías base co combinado hispano, a arousá acudira en novembro do ano pasado ás finais da Billie Jean Cup en Praga co equipo nacional absoluto, pero daquela fixérao coma esparring, fóra da listaxe oficial de xogadoras españolas na última edición da antiga Copa Federación.
«Me lo comunicaron hace algo más de un mes. La verdad, me hace mucha ilusión. Estoy muy agradecida de que me hayan llamado. Jugar por tu país es algo que me motiva mucho», comentou onte Bouzas sobre a súa convocatoria pola Federación Española de Tenis para os Xogos do Mediterráneo. Unha cita na que formará equipo coa súa compañeira de título no cadro de dobres do W25 Oeiras en marzo e tamén o seu verdugo o pasado domingo na final do cadro individual do W25 Platja D’Aro, a catalana Guiomar Maristany. Carlos López e Álvaro López serán os representantes masculinos españois e Isra Vior, adestrador de Jéssica, o capitán do equipo.
Antes da partir cara Orán, Jéssica Bouzas, centrada esta semana e mais a que vén nos seus adestramentos na Academia Tenis Ferrer, disputará dous torneos en Madrid. O primeiro, do 6 ao 12 de xuño, de categoría W25, e a semana seguinte, un segundo campionato xa de nivel W60.
A vilagarciá prepara ambas citas coa motivación que, di, conseguiu logo de acceder á final do W25 Platja D’Aro tras caer en primeira rolda nos seus tres torneos anteriores. Derrotas relativizadas polo nivel de dúas das probas en cuestión, como ela mesma recorda. Nada menos que un WTA 1.000, o Mutua Madrid Open, e o La Bisbal D’Emporda, o primeiro W100 que xogou no seu camiño inda do primeiro ano e medio como xogadora do circuíto profesional. A de Platja D’Aro foi, de feito, a segunda final de Jéssica nun W25, logo da que coprotagonizara, tamén con derrota, o ano pasado en Madrid.
O seu obxectivo a medio prazo, xogar o Open de Australia 2023
«Este año no está siendo ni muy, muy bueno, ni muy, muy malo». Esta é a sensación xenérica coa que chega a finais de maio Jéssica cando mira a súa traxectoria na súa segunda temporada no circuíto profesional. Case cinco meses que lle serviron para extraer unha valiosa lección: «Tanto si las cosas van mal como si van bien, sé que pueden cambiar en cualquier momento. Eso me hace saber sobre todo la necesidad de trabajar cada torneo, de ir mentalmente al cien por cien en cada partido». E así, «con trabajo y constancia, si los mantengo en el tiempo, creo que llegarán los resultados».
Cos conceptos mentais ben claros e dentro das coordenadas que levan definindo o perfil competitivo de Jéssica Bouzas toda a súa carreira, a vilagarciá non se marca de aquí a final de ano mais reto co de tentar sumar os puntos precisos para, conta, «entrar en el cuadro de la previa del próximo Open de Australia», en xaneiro do 2023. Un salto de nivel que, calcula, lle esixe subir arredor de 100 puntos e outros tantos postos respecto á súa actual posición no ránking WTA, no que esta semana figura na 328 con 190 puntos.