Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Vilagarcía TM loitará por volver á elite e o Cambados acércase á permanencia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Vitorias a pares dos equipos arousáns a pasada xornada

14 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

 Intensa fin de semana a vivida polos dous equipos arousáns na División de Honra do tenis de mesa español. E nos dous casos, con excelentes noticias.

Certo é que o Vilagarcía T.M. ve complicárselle a opción de conquistar a Liga do Grupo 1 da categoría de prata nacional, logo de caer no primeiro dos seus tres encontros na cancha do líder, o ETM Hotel Marqués de Santillana, por un contundente 5-1 (16-5) en Torrelavega. Pero as dúas vitorias coas que o cadro arousán completou a fin de semana válenlle para asegurar a súa participación na vindeira fase de ascenso á Superdivisión a falta inda de tres xornadas ata a conclusión da fase regular. Tamén o sábado, en Vitoria, Sergiy Nigeruk, Pedro Castro e Matías Ezequiel Guadalupe remataron cun 0-6 (7-18) un choque co pechacancelas e xa descendido, o Elma Gasteiz, con tres dos seis duelos resolvéndose no quinto xogo.

Xa o domingo, o Vilagarcía saía do local do Irún Leka Enea cun 3-4 (11-14). Este foi o resultado que lle asegura a participación na fase de ascenso, selado cunha remontada épica, logo de situarse 3-0 tras as derrotas de Guadalupe ante Iker Martínez (3-0), de Castro con Aimar Chamorro (3-1) e de Nigeruk fronte a Hodei Mancha (3-1). Guadalupe iniciou a escalada arousá ante Chamorro (1-3), Nigeruk venceu a Martínez (0-3) e Castro a Mancha (1-3), forzando o desempate. E no dobres, Nigeruk e Guadalupe gañáronlles por un triplo 9-11 a Chamorro e Mancha, amarrando o segundo posto con 28 puntos, polos 30 do líder, os 22 do Caja Rural e os 20 do Irún.

O Cambados T.M., pola súa banda, venceu o sábado 3-4 o Universidad de Burgos e o domingo 1-5 o Caja Rural-Galaxia Phone en Zamora e manténse fóra do descenso.