O Cortegada queda sen a súa mvp, Fuchs-Robetin, que deixa o club por motivos persoais

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O equipo busca unha substituta, tras quedar con tan só dúas xogadoras interiores

29 nov 2023 . Actualizado a las 21:02 h.

Chegou o pasado verán coma unha das xogadoras chamadas a proporcionarlle ao Mariscos Antón Cortegada o salto de calidade que tanto tempo levaba agardando a afección do equipo, e a internacional austríaca Anja Fuchs-Robetin respondeu converténdose na mvp do Cortegada, con 13,1 puntos, 8,4 rebotes, 2 asistencias e 16,7 créditos de valoración de promedio por partido. Uns números que a directiva e o corpo técnico que dirixe Javi Nogueira tratará de compensar acertando na procura dunha substituta no mercado. E é que Fuchs-Robetin vén de acordar a rescisión do seu contrato co Cortegada por, explican desde o equipo, «motivos personales» que viña arrastrando desde hai un mes. O gran problema é que Nogueira queda hoxe só con dúas interiores, Ángela Coello e Diaw Absatou.