O Umia C.F. recibe o Victoria F.C. nunha das súas tres derradeiras finais

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As de Luis Treviño confían en dar hoxe a súa mellor imaxe co apoio da súa afección

28 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras o durísimo golpe encaixado a semana anterior coa súa derrota 1-0 co Llanera, rival directo que o relegou de volta ao fondo da táboa, o Umia C.F. encara a primeira das tres finalísimas que deberá gañar para manter a súa praza na Tercera Federación de Fútbol Femenino, a última categoría nacional. Hoxe, desde as 18 horas, as pupilas de Luis Treviño reciben a un Victoria F.C. de Santiago xa sen nada que perder nin que gañar e cun cadro de futbolistas no que figuran varias das perlas do balompé feminino galego.

O técnico do Umia sinalaba onte que o seu equipo xogará coa presión de saberse obrigado a gañar, pero confía en que as súas xogadoras ofrezan a súa mellor versión.