Serán o día 20 e 21 de novembro no centro de Matosinhos, en Vilagarcía
20 oct 2024 . Actualizado a las 19:40 h.A aula Cemit de Vilagarcía, ubicada en Matosinhos e que xestiona a Xunta coa colaboración do Concello, acollerá os días 20 e 21 de novembro os exames que facilitan a calquera persoa interesada obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais (Comdix). Trátase dun recurso que permitirá demostrar empresa ou persoa, o nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais. O exame dura dúas horas, entre as dez e as doce, e as vinte prazas previstas para cada día. Os únicos requisitos son ter máis de 16 anos e inscribirse ben no Cemit ou telematicamente.
A obtención do Comdix ten unha dobre finalidade. Por unha banda, motivar á cidadanía na aprendizaxe e manexo das TICs mediante un certificado que acredite os seus coñecementos e mellore a súa empregabilidade. Por outra, facilitar ás entidades públicas e privadas provedoras de emprego un mecanismo a fin de avaliar obxectivamente as competencias dixitais das persoas que aspiran a incorporarse ás súas organizacións.
Para favorecer a preparación do exame, existe a oportunidade de realizar un curso de autoformación dividido en seis módulos cos contidos dos que o interesado será examinado. O curso será gratuíto.