O BNG pide que se active a retirada da simboloxía franquista do rueiro de Vilagarcía
AROUSA
Cualifica de incongruencia que o goberno local inclúa a localidade na iniciativa Stolpersteine e non cumpra coa Ley de Memoria Democrática
09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego vén de solicitarlle ao alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela, que convoque a xunta de portavoces da corporación municipal para «abordar o inmediato cumprimento da Ley de Memoria Democrática, eliminando a simboloxía franquista do rueiro e incorporando denominacións que representen os valores democráticos e honren as vítimas» na capital arousá.
Desde a formación nacionalista cualifican de «inconcibible e incongruente» que o goberno local de Vilagarcía incorpore a localidade á iniciativa Stolpersteine ou pedras de tropezón, impulsada polo artista alemán Gunter Demnig sinalizando o lugar onde residiron as persoas deportadas a campos de concentración e que, mentres, siga vulnerando a Ley de Memoria Democrática, que obriga ás Administracións públicas, recordan desde o BNG, a eliminar símbolos, monumentos e distincións que enxalcen a ditadura.