Douscentos alumnos de Secundaria de Vilagarcía participan no Torneo Eu Saúde-Panos Brancos
AROUSA
A iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico chegou á súa décimo sétima edición
09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Fundación Galega contra o Narcotráfico organizou onte en Vilagarcía a décimo sétima edición do seu Torneo Deportivo Eu Saúde-Panos Brancos. Unha iniciativa coa que, un ano máis, pretende concienciar os alumnos de Secundaria da capital arousá da importancia dunha vida libre de adicións, co deporte como medio para desfrutar dunha forma de ocio saudable.
Con tal fin, na mañá de onte 200 estudantes da ESO dos institutos Armando Cotarelo e Castro Alobre e dos colexios San Francisco e Sagrada Familia gozaron dunha xornada de convivencia deportiva, enfrontándose en equipos nas disciplinas de baloncesto, de fútbol, de atletismo e de voleibol nos recintos do complexo polideportivo municipal de Fontecarmoa. Ademais, o CIFP Fontecarmoa participou na organización coa colaboración do alumnado e profesorado dos seus ciclos de baloncesto.
O torneo é unha das dúas patas da actividade desenvolta nestas datas desde hai 17 anos pola Fundación Galega contra o Narcotráfico da man dos equipos docentes dos centros que imparten a ESO en Vilagarcía. Neles realizáronse nas últimas semanas diversas actividades de prevención de drogodependencias e doutras adicións