A débeda viva da Illa reduciuse nun 30 %, quedando en 1,3 millóns de euros

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Concelleiro de Facenda da Illa, Manuel Suárez
Concelleiro de Facenda da Illa, Manuel Suárez MARTINA MISER

«A mellora substancial da situación económica do Concello permite afrontar investimentos moi necesarios na Arousa así como manter e mellorar a calidade dos servizos», indica Manuel Suárez

30 nov 2024 . Actualizado a las 19:25 h.

O Concello da Illa reduciu a débeda viva nun 30,8 %. Ese é a principal conclusión que se extrae do balance económico que vén de facer público o concelleiro de Facenda, Manuel Suárez. A débeda viva a largo e curto prazo que o Concello mantiña a 1 de xaneiro era de 1.950.700,56 euros, o que representaba o 51,50 % dos ingresos correntes liquidados, por debaixo do 75 % legalmente permitido.

«Grazas ás medidas de aforro e control do gasto, podemos anunciar que o Concello da Arousa vai pechar o exercicio de 2024 cunha redución da débeda por importe de 601.490,27 euros, quedando como débeda viva a 31 de decembro de 2024 1.349.210,29 euros», informa o concelleiro do BNG. Desagregado por créditos, a principal redución débese á liquidación da póliza de crédito de 550.000 euros subscrita con Abanca, o que supón un aforro anual de 8.455,32 euros en intereses por este crédito.

«Aínda que o obxectivo non é a redución de débeda como único fin, xa que a veces é necesario acudir a financiamento para a posta en marcha de proxectos necesarios para o noso pobo, si queremos destacar a volta á normalidade en materia de liquidez municipal e o aforro que isto supón. A mellora substancial da situación económica do Concello permite afrontar investimentos moi necesarios na Arousa así como manter e mellorar a calidade dos servizos», conclúe Suárez Nieto.