«Albariño no Camiño» encherá Cambados de música, catas, charlas, teatro e xogos infantís
CAMBADOS
A oferta é gratuita e será do 3 ao 5 de setembro en Torrado e a praza e Fefiñáns
31 ago 2021 . Actualizado a las 13:02 h.A pandemia retrasouno, pero non vai impedir que Cambados quede sen catar o «Albariño no Camiño». Este é o título escollido para o programa de actividades que se vai desenvolver os días 3, 4 e 5 de setembro baixo o fío condutor que proporciona a alianza entre o albariño, a cultura e a historia ligada ao fenómeno xacobeo. Porque, aínda que é algo descoñecido para o gran público, Cambados ten unha importante tradición xacobea que se plasma nos camiños reais e os hospitais para peregrinos que houbo na vila.
No Concello opinan que chegou o momento de explorar e explotar esta vía con fines culturais e turísticos e da man da Xunta e do Consello Regulador Rías Baixas emprenden o seu particular camiño cara esa meta. Haberá tres días de actividades nos que se inclúen catas, exposicio?ns, obradoiros para os nenos, concertos e teatro ao aire libre, «nun programa moi digno, completo e diverso», en palabras do concelleiro de Cultura, Tino Cordal. A gran incógnita é saber se o tempo acompañará e permitirá celebrar todas as actividades ao aire libre como está previsto.
Aínda que o «Albariño no Camiño» non empeza ata o venres 3, o día anterior xa haberá un aperitivo musical con Mad Martin Trío, que actuará na praza de Fefiñáns ás 20 horas da man da adega Paco & Lola. Ao día seguinte ás 11 horas inaugurarase no Museo do Viño a exposicio?n A historia do Albarin?o en carteis, que aglutina o material das 69 edicio?ns da festa, e ás 12 abrirase en Expolsalnés Albarin?o Ri?as Baixas, unha mostra dos vin?os gan?adores da Cata Concurso Ri?as Baixas ao longo dos seus 32 anos de historia.
Unha ollada ao patrimonio
Media hora despois celebrarase nos xardíns de Torrado un Foro Voz baixo o título O Camin?o sabe a Albarin?o; a pegada do patrimonio de Cambados no Camin?o,
coa participación dos historiadores Sindo Mosteiro e Maribel Iglesias, o ex alcalde Xoán Antonio Pillado e a arquitecta Paula Alfonso. Ás 16 horas toca asomarse ás rúas de San Tomé, entre o pazo Montesacro e San Sadurniño, para desfrutar das andainas teatralizadas protagonizadas por Teatro do Garaxe. No mesmo horario haberá outras dúas actuacións: o sábado desde a Casa das Cunchas ata as ruínas de Santa Mariña, e o domingo, desde Fefiñáns ao Muíño da Seca.
De 17.30 e 19.30 terán lugar, tamén os tres días pero nos xardíns de Torrrado, unhas catas de viños da denominación de orixe Ri?as Baixas nas que se poderá participar de forma gratuíta e con aforo limitado, previa inscrición nos mesmos xardíns.
A música tamén soará a diario a primeira fin de semana de setembro. O cartel abrirao Zeltia o venres 3 ás 18.30 horas no parque de Torrado e ás 20 horas daralle o relevo Sabela na praza de Fefiñáns dentro do ciclo Os camiños da música.
O sábado arrincará ás 12 horas en Torrado cunha nova mesa redonda baixo o título Abrindo camin?o, a presenza da muller na contorna do Albariño, coa participación de Laura Cachón, responsable de márketing de Paco&Lola; Katia Álvarez, enóloga de Martín Códax; Sonia Costa, de Lagar de Costa, e Marisol Bueno, de Pazo de Señoráns.
A esa hora empezará unha nova cata e os máis pequenos poderán asistir a obradoiros, todo sen saír de Torrado. Alí mesmo, volverán as catas e os xogos infantís a partir das cinco de tarde.
A sesión vermú (13 horas) estará amenizada por Sabela Trigo, as sete da tarde o Capitán Garfo ofrecerá un concerto e unha hora despois subiranse ao escenario de Fefiñáns a saga de músicos cambadeses, Os Xesteira.
O domingo ás 12 horas será o momento de falar de O albariño no mundo; mercados chave na internacionalización da identidade, coa participación de Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas; Carlos Carrión, presidente de Paco & Lola; María Dolores Calvo, presidenta de Condes de Albarei, e Xoán Antonio Allegue, presidente de Martín Códax.
Volverán as catas e obradoiros en horario de mañá e tarde, Teatro no Garaxe rematará os seus espectáculos ao aire libre e Naomi porá nota musical na sesión vermú en Torrado. O broche de «Albariño no Camiño» será musical, ás oito en Fefiñáns, coa actuación de Rojuu.
As entradas poden reservarse e recollerse, de forma gratuita, na biblioteca municipal Luis Rei, a través de biblioteca@cambados.es e o teléfono 986 520 008. Para os concertos instalaranse cadeiras, cun límite de aforo de 500 persoas sentadas.