En Cambados, os concelleiros do goberno municipal no anterior mandato conseguiron pagar as débedas de dúas formas, traballando e non cobrando
16 sep 2023 . Actualizado a las 20:52 h.Inda que as eleccións son o derradeiro domingo de maio, os Concellos manteñen os anteriores concelleiros en funcións ata o pleno de investidura a mediados do mes de xuño, polo que o Período Medio de Pago a provedores de metade do ano reflexa a situación na que deixa un goberno as débedas pendentes, digamos que son as facturas que deixan nos caixóns un goberno cando termina o seu mandato, no caso de Cambados, visto os datos publicados polo Ministerio de Economía e Facenda da morosidade do trimestre pasado, non son moitas as facturas que quedaron sen pagar.
A solvencia é a capacidade que ten unha institución para facer fronte ás súas obrigas. No caso de Cambados no exercicio 2015, o anterior goberno do Partido Popular deixou o Concello cunha débeda con provedores de Facturas pendentes de pagar de 1.071.641,50€ e unha Deuda Viva (préstamos cos Bancos) de 2.435.000,00€, e pola contra un saldo nas contas bancarias de 416.903,28 €. Despois de 8 anos, o novo goberno municipal atópase o Concello cunha situación económica totalmente distinta, sen Deuda Viva cos Bancos, cunha débeda con provedores de 476.893,56 e un saldo nas contas bancarias a comezo deste ano de 2.339.538,99€.
Polo que a xestión económica do Concello de Cambados nestes dous últimos mandatos non só logrou reducir as débedas en 3.029.747,94€ se non que ademais incrementouse a liquidez, o saldo nas contas nos Bancos, en 1.922.635,71€. En 2011, o anterior alcalde do partido Popular calcificaba a situación económica do Concello de Cambados como de «somos un Concello Perita», daquela a débeda do Concello era de 5.422.696,59€.
Cando se entra a xestionar un Concello aspírase a deixalo mellor do que se atopou un cando entrou pola porta, e só hai dous medios para pagar as débedas: polo traballo e polo aforro, e en Cambados os concelleiros do goberno municipal no anterior mandato conseguírono das dúas formas, traballando e non cobrando.
Porque as trampas non pagan débedas.