Inaugurarase ás 13 horas no paseo da Calzada, onde permanecerá ata o 4 e maio
04 mar 2024 . Actualizado a las 15:02 h.Cambados abre o Ano Asorey este luns coa inauguración dunha exposición no paseo da Calzada, a carón da escultura erixida en homenaxe ao escultor. Os vieiros de Asorey reflicte a través de fotografías e textos a obra do artista que está en diversas cidades galegas, establecendo así un «Roteiro Asorey» que permite coñecer a obra do escultor cun formato adaptado a todos os públicos. A exposición inaugurarase este luns ás 13 horas, coincidindo co aniversario do nacemento do artista, e permanecerá na avila ata o 4 de maio, data na que iniciará un percorrido por diferentes cidades galegas.
A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu dedicar o 1 de abril, Día das Artes Galegas, ao escultor Francisco Asorey, considerado un dos artistas máis innovadores da arte española e da escultura no século XX, «polo que esta efeméride pode supor sen dúbida unha oportunidade para recoñecer e por en valor a vida e obra deste insigne cambadés», segundo indica o concelleiro de Cultura, Liso González.