A Festa Mariñeira enchará a vila cambadesa de actividade esta fin de semana

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Visitas guiadas, o Memorial Tito Silva, concertos... A programación é ampla e variada

27 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta fin de semana, Cambados estará máis que nunca á beira do mar. Ese é o lema da Festa Mariñeira que organizan o Concello e a asociación Vela Tradicional. A actividade arrinca este venres, ás catro da tarde, cunha ruta do marisqueo guiada por Guimatur. A expedición sairá da escada de San Tomé e as persoas que participen estarán de volta con tempo suficiente para non se perder o documental Mariscadoras, unha xeración sen relevo, de Fabio Fraga, que se proxectará no Salón Peña ás 21.30 horas. O sábado o programa é máis longo: arranca cunha ruta polo patrimonio etnográfico de Cambados e seguirá co encontro de embarcacións tradicionais-Memorial Tito Silva, a mediodía. Ás 12.30, na praza do Con, haberá unha degustación de ostras e música. Un xantar mariñeiro na de Peña, dará paso a unha tarde de navegación e pola noite, concertos na praza do Con da man de Blues do País, Sindicato da Verbena e Cuernicornios.