Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Esta é a oferta de teatro infantil para este mes en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Haberá catro funcións, todos os domingos a partir das seis da tarde

01 feb 2025 . Actualizado a las 16:54 h.

Comeza o ciclo de teatro familiar en Cambados. A primeira sesión será este domingo día 2 coa actuación da compañía Ghazafelhos e a obra Travesía Unicornio; trátase dun espectáculo infantil de 50 minutos de duración cheo de humor para nenas e nenos a partir de tres anos. A peza é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil, publicado en marzo de 2023, que narra o encontro dun neno e o seu unicornio cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.  

O domingo 9 será a quenda de Pérez & Fernández con Nanai de la China; o día 16 actuará Galitoon con Rosalía, a pulga que é escritora e o 23 de febreiro pecharase o ciclo con Elefante Elegante e Kyoki.

Todas as actuacións empezarán ás 18 horas no auditorio da Xuventude con un prezo da entrada de 3,5 euros, que se pode adquirir a través de ataquilla.com ou no propio auditorio o día antes da función.

Esta ciclo forma parte da Rede Galega de Teatro e Auditorio, conta co apoio da Deputación e converteuse nun clásico da oferta cultural do inverno en Cambados.