Ribadumia acollerá os días 24 e 25 de xullo unha proba do campionato de Rallymix

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

cedida

Este ano, a competición está dedicada a Esteban «Epi» Pérez

15 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribadumia acolle os días 24 e 25 de xullo a segunda edición do Rallymix Concello de Ribadumia, que onte se presentou no Concello coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Este ano a competición automobilística fai homenaxe ao habitual do Campionato de Galicia de Rallymix, falecido recentemente, Esteban Epi Pérez. Lete Lasa encomiou a labor de históricos coma Estanislao Reverter ou Santiago Ares para a apertura do camiño nesta disciplina en Galicia e a súa consolidación, dando así os seus froitos en forma de pilotos de elite, futuras promesas, e grandes eventos deportivos a nivel nacional e internacional.

Esta proba, coma outras de Rallmix que se celebran en Galicia, conta co apoio económico da Xunta.