O Umia C.F. encaixa un 2-6 e ve reducirse as súas opcións de permanencia
VILAGARCÍA / LA VOZ
RIBADUMIA
O conxunto ribadumiense perdía xa 0-4 co Victoria F.C. de Santiago
30 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Unha pésima entrada no partido, con catro goles encaixados nos 18 primeiros minutos de xogo, condenou na tarde do domingo o Umia C.F. no seu duelo co Victoria F.C. de Santiago na Bouza de Barrantes.
Tras chegar ao descanso 0-5 por detrás no marcador, o técnico do Umia, Luis Treviño, apostou por ir a tumba aberta con tres centrais, conseguindo unicamente recortar a catro os goles de diferenza no marcador final, 2-6, con tantos de Eva e de Minerva Ribeira. A nova derrota obriga o conxunto do Salnés a gañar os seus dous partidos restantes e a confiar en que os tres equipos que ten xusto por riba do último posto pinchen.