Somos Ribadumia denuncia que o Concello tarda 61 días en pagar as facturas

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Advirte do risco de que o Concello perda axudas debido á súa situación financeira

08 may 2024 . Actualizado a las 14:51 h.

Somos Ribadumia advirte do risco de que o Concello perda de axudas públicas debido á súa situación financeira. «En xaneiro advertimos de que o Concello levaba dous meses con preto de 200.000 euros retidos por non cumprir coas súas obrigas cara o Ministerio de Facenda. Se está situación se mantén Ribadumia podería perder centos de miles de euros en axudas. A David Castro non parece preocuparlle, nin lle deben doer os cartos que non son del, pero dende a nosa formación si estamos preocupados», sinala o grupo da oposición.

A maiores, Somos lamenta que o período medio de pago a os provedores do Concello supera os 60 días. «No último ano o período medio de pago duplicouse, pasando dos 33 días do cuarto trimestre de 2022 aos 61 días do cuarto trimestre de 2023. En 2017, estando nós no goberno, ese dato era de 8 días».

A isto súmase o que Somos Ribadumia considera falta de transparencia da política económica de David Castro por non terlle enviado documentación ao Consello de Conta e a falta de orzamento municipal. «As axudas aos colectivos seguen sen convocarse, seguimos tamén sen orzamento e co Concello á deriva», apunta Somos.