Ruada das Gotas para a inclusión LGTBIQ+ en Ribadumia

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Martina Miser

O municipio arousán programa unha fin de semana repleta de actividades para xerar conciencia

16 jun 2024 . Actualizado a las 12:15 h.

O seu obxectivo é traballar cara un futuro máis igualitario e respectuoso con todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade e expresión de xénero. Baixo este espírito, o Concello de Ribadumia e a asociación Gotas desenvolven esta fin de semana a Ruada das Gotas. Obradoiros, pasarrúas, unha comida popular e unha ampla programación cultural e artística para «xerar conciencia e fomentar a inclusión dende todas as perspectivas», segundo explica a organización. Algo especialmente importante en pequenos concellos, onde a discriminación pode constituír un pesadelo.