Gañou tres medallas de ouro e unha máis de prata
15 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O equipo procedente do lugar de Senín proclamouse o pasado sábado campión absoluto das Olimpíadas da Aldea 2024, celebradas na praia fluvial de Valga. Nas seis competicións que se desenvolveron nese espazo acadou tres medallas de ouro —carreiras de sacos e carretillas e turrasoga— e unha de prata no Mundialito de fútbol. O equipo de Pontevalga púxolle as cousas difíciles posto que acadou outras tres medallas douradas no brilé, fútbol e na xincana final. Tamén entraron no medalleiro os grupos da Avenida da Coruña e A Devesa. En total repartíronse 1.800 euros en premios.