Suspendida a visita ao Couto, o Arousa pechará a pretempada co Juvenil

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

o cadro arlequinado xogará un único partido máis de preparación antes do seu debú en Liga.

26 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arousa tiña onte en axenda unha visita ao campo do Couto. Pero a petición do Ourense C.F., o seu anfitrión nesta ocasión, o conxunto que dirixe Jorge Otero quedou en Vilagarcía ante a falta de efectivos suficientes nas filas rivais, inda sen casos covid-19 por medio. Así as cousas, o cadro arlequinado xogará un único partido máis de preparación antes do seu debú en Liga. Será este domingo, en Baltar, fronte ao Juvenil de Ponteareas.